DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de decembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello da Baña (expediente DH.A15.77671).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios Pedra Vicuda unha concesión de 5.425,01 m³ anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Vilar da Torre, parroquia de Lañas (Santa Baia), no concello da Baña (A Coruña), con destino a abastecemento, rega e gandeiro.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións