DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2024 polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador DH.D36.86232.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 52492180Q a Resolución do 7 de decembro de 2023 ditada no procedemento sancionador en materia de verteduras DH.D36.86232.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e las 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia