DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/162-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 6.7.2023 polo enxeñeiro técnico industrial César Méndez Lorenzo, colexiado número 1350 do Coeticor, e visado na mesma data polo citado colexio profesional co número 1233/23-ST.

Solicitante: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Denominación: LMTS, CS complexo deportivo Monterrei.

Situación: complexo deportivo Monterrei, concello do Pereiro de Aguiar.

Orzamento: 38.203,06 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, de 5 m de lonxitude, en condutor RHZ 20L 2×(3×240Al) de conexión co centro de seccionamento proxectado, en que realiza entrada-saída, desde a LMTS existente SCV816, entre o CS32CV84 e o apoio BDME29KF//59-CT.

– Centro de seccionamento proxectado, coa configuración 3L+auxiliares en edificio prefabricado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 3 de xaneiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense