DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/132-2).

O 2 de novembro de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións previas e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LMTA SAR806-derivada a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria), no concello de Sarria.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 14 de novembro de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 24 de novembro de 2023, para que comparezan o 19 de marzo de 2024 no Concello da Sarria, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade; poden ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de xaneiro de 2024

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto denominado LMTA SAR806-derivada
a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria).

Concello: Sarria.

Expediente: IN407A 2022-132-2.

Nº predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietarios

Apoio nº

Apoio superficie (m²)

Afeccións
(ml aér.)

Afeccións
(m² aér.)

1

14

667

Leira Regas

Prado

José López López

70.0

960.0

2

14

668

Agra Sarodis

Prado

José López Ares

0.0

321.0

3

14

652

Poza Vello

Prado

María Lili López

69-30-8-1,
69-30-8-2

4.0

112.0

1.628.0

4

14

1210

Gaez

Prado

María Lili López

0.0

164.0

11

14

1287

Cortiña

Matogueira

Germán López Rodríguez

8.0

88.0

12

14

582

Cortiña

Matogueira

Germán López Rodríguez

1.0

52.0

13

14

580

Fonte Canto

Matogueira

Germán López Rodríguez

0.0

34.0

14

14

579

Fonte Canto

Prado

Descoñecido

69-30-8-3

2.0

90.0

1.405.0

19

16

767

Horto das Fontes

Labradío

Descoñecido

0.0

16.0

23

16

901

Cortiña da Costa

Matogueira

Fernando López Díaz

31.0

375.0

24

16

876

Redondelo

Matogueira

Descoñecido

0.0

133.0

25

16

877

Fontiveira

Matogueira

Descoñecido

69-30-8-6

2.0

24.0

359.0

26

16

1982

Fontes

Matogueira

Descoñecido

0.0

9.0

27

16

878

Leira Costa

Matogueira

Germán López Rodríguez

12.0

181.0

29

16

893

Fontes

Matogueira

Descoñecido

0.0

10.0

30

16

891

Santo Estevo

Matogueira

Descoñecido

85.0

1.315.0