DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8288

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301D).

BDNS (Identif.): 741011.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables de sistemas de saneamento cunha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes, segundo cifras de poboación acordes co establecido no Real decreto 1037/2022, do 20 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2022.

Non poderán ser beneficiarios os concellos que xa o fosen ao abeiro da convocatoria do ano 2022, convocada pola Resolución do 23 de agosto de 2022, salvo que, unha vez notificada a resolución de concesión, renunciasen á subvención no prazo establecido no artigo 19 das bases da convocatoria.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e convocar estas subvencións para o ano 2024 (código de procedemento AU301D).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301D).

Cuarto. Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de trescentos mil euros (300.000 €).

O importe das subvencións será do 80 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000 €) por solicitude, ata esgotar o crédito previsto nesta resolución.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Presidenta de Augas de Galicia