DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 4 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto parque eólico Pena Galluda, no concello da Laracha (expediente IN408A 2020/173).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Vento Laracha, S.L. (CIF: B-15864598).

Enderezo para os efectos de notificacións: avenida Arteixo, nº 19, 1º D, 15004, A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Pena Galluda (expediente IN408A/2020/173).

Concellos afectados: A Laracha (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 3.450 kW.

Nº de aeroxeradores que se van instalar: 1 ud.

Produción media neta estimada: 11.919,25 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.454,85 horas.

Orzamento de execución material: 2.736.546,04 €.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Pena Galluda MS

A.D.E.

Pedrouzos

Parque eólico Pena Galluda MS

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

535.316

4.784.223

A Laracha

2

535.316

4.783.823

A Laracha

3

535.716

4.783.823

A Laracha

4

535.716

4.784.223

A Laracha

Parque eólico Pena Galluda MS

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

CE-01

535.516

4.784.023

A Laracha

Obxecto da actuación:

Trátase dunha modificación substancial do parque eólico en funcionamento Pena Galluda, cuxa vida útil está chegando a súa fin, que consiste básicamente en substituír o aeroxerador actual de 660 kW por outro de 3.450 kW, sen modificar a infraestrutura eléctrica de evacuación existente.

Características técnicas da instalación:

• Un (1) aeroxerador tripá, modelo V126 de Vestas, de potencia nominal 3.450 kW, con sistema de control de velocidade e paso variables, diámetro do rotor de 126 m e altura ata a buxa de 82 m.

• Un (1) centro de transformación trifásico montado no interior do aeroxerador, de illamento seco, relación de transformación 0,69/15 kV e potencia aparente 4.000 kVA.

• Un (1) transformador de servizos auxiliares de 0,69/0,4 kV e 25 kVA, instalado no interior da torre do aeroxerador.

• Establecerase un sistema de rede de terras único no aeroxerador.

• A evacuación da enerxía xerada pola repotenciación do parque eólico realizarase a través da liña de evacuación do parque en operación, con capacidade suficiente, polo que o punto de conexión á rede de distribución da repotenciación será o mesmo que o do parque en operación, situado no centro de conexión existente. As coordenadas UTM do punto de conexión son: X=535.105,02; Y=4.784.276,54.

• Empregaranse os condutores de fibra óptica existentes para a comunicación entre o aeroxerador e o centro de control.

• As celas do centro de control do parque en operación atópanse en bo estado e cumpren coas especificacións técnicas requeridas para o novo aeroxerador, polo que serán reutilizadas, mentres que o equipamento de control do parque será substituído por un axustado aos requisitos técnicos do novo aeroxerador.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, das instalacións do proxecto do parque eólico Pena Galluda. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. O proxecto. Repotenciación parque eólico Pena Galluda (asdo. 27.12.2023) + anexo. Estudo afectación electromagnética (asdo. 17.11.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

2.1. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2.2. Documento relación de bens e dereitos afectados (asdo. 27.12.2023).

Polo exposto, o proxecto faise público, para o coñecemento xeral, así como en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación de cada unha das provincias afectadas, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 62), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa do Concello da Laracha (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 4 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Pena Galluda,
no concello da Laracha (IN408A 220/173)

Repotenciación parque eólico Pena Galluda.

Nº de predio

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Nº aero

Afección (m²)

Ref. catastral

Pleno dominio

Serv. paso

Servidume de voo aero

Serv. voo aero-viario (m²)

Plat.

Viario

Concello da Laracha

1

Antonio Martínez Queijo

15042B50100498

Monte Pena Galluda

Eucaliptus

CE-01

716,39

2

Ramón Carnota Souto

15042B50100499

Eucaliptus

CE-01

162,7

853,41

87,95

3

Herminia Pombo Rey

15042B50100500

Eucaliptus

CE-01

308,61

4

Juan Luis Cortiña Abelleira

15042B50100501

Matogueira

CE-01

135,62

5

Amelia Bértoa Suárez

15042A12700191

Prados ou pradeiras

CE-01

1.649,15

6

María Graña Regueira

15042A12700061

Prados ou pradeiras

CE-01

12,18

1.824,64

7

Mª del Carmen Graña Grela

15042A12700060

Prados ou pradeiras

CE-01

3110,76

12,75

8

Fermín Vázquez Martínez

15042A12700190

Matogueira

CE-01

806,87

9

Josefina Graña Regueira

15042A12700062

Matogueira

CE-01

100,98

563,61

Afeccións en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

- Plataforma (plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Servidume de paso: as afeccións solapadas (viario+gabia) deben restarse das individualizadas.

- Viario: Dereito de paso polos vieiros nos que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. Voo). Servidume definida pola superficie de varredura das pas do aeroxerador. Deberán restarse, no caso de que existan, as afecccións solapadas (serv. voo aero+viario+gabia, serv. voo aero+vieiro, serv. voo aero+gabia) que se indican na súa propia columna.