DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de produción fotovoltaica de enerxía eléctrica e a súa instalación de evacuación no concello de Ordes (expediente IN408A 2023/007-1).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Expediente: IN408A 2023/007-1.

Solicitante/promotora: EWD FV IV, S.L. CIF B02963270.

Domicilio social: r/ Alcayata, nº 4, 18015 Granada (polígono industrial El Florío).

Denominación: parque solar fotovoltaico Meirama e a súa infraestrutura de evacuación.

Concellol: Ordes.

– Localización: coordenadas UTM ETRS (fuso 19).

X: 548.112,90 Y: 4.779.140,62

– Parcelas catastrais:

Polígono

Parcela

Ref. catastral

511

114

15060A511001140000LH

511

115

15060A511001150000LW

511

116

15060A511001160000LA

– Extensión: a superficie ocupada pola planta fotovoltaica será de 2,18 ha.

Características técnicas das instalacións:

Tipo de instalación: produción:

– Paneis fotovoltaicos: 2.784 paneis de 630 Wp/panel.

– Inversores: 8 inversores de 200 kW/inversor e 1 de 100 kW/inversor.

– Potencia pico 1,75 kW.

– Potencia instalada (artigo 3 do Real decreto 413/2014): 1.754 kW.

– Centro de transformación 2,0 MVA 0,8/20 kV.

– Potencia nominal da instalación: 1,5 MVA, limitada á potencia concedida en conexión mediante un sistema de regulación de enerxía de PPC (power plant controller).

– Liña soterrada 20 kV de 36,71 m en condutor AL RH5Z1 1×240 da liña de media tensión MEI809 de UFD Distribución Electricidad, S.A.

Orzamento de execución material: 555.357,25 €.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de produción.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución: parque solar fotovoltaico Meirama e a súa infraestrutura de evacuación (setembro 2023).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfono 981 18 49 02), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, tamén se poderá consultar no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 22 de decembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña