De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo as resolucións dos recursos.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024
Maria Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
RA/IGVS/CMATV/2023/00801 |
Said Baatti |
Resolución recurso de alzada |