DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2023/515-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ROS806, CT, RC, XS e SXS en Muíños.

Situación: Tomiño.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 827 metros de lonxitude, coa orixe na LMTA ROS8060048, no apoio existente 9TX2SL63//112-11, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación rural compacto a 160 kVA, con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36054C508009060000DE, no lugar de Muíños, a carón do número 13.

– Instalación dun reconectador, un XS e SXS nos apoios existentes da LMTA ROS8060048.

A instalación está situada no lugar de Muíños, no concello de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/515-4.

Denominación: LMTS ROS806, CT, RC, XS e SXS en Muíños.

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Centinela

Urbana

36054C509009630000DQ

Hrdos. Mario Rodríguez Gómez

6,55

19,65

2

Espiño

Urbana

36054C508009060000DE

Carmen María Rodríguez Pazo

14,965

1,24

4,91