DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte de Pol, concello de Baralla (expediente 1/2023).

Ante este xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 1/2023.

– Denominación: Pol.

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Santa Mariña de Pol.

– Concello: Baralla.

– Superficie: 17,45 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcela obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcelas de clasificación

Lindeiros

Parcelas estremeiras

27036A108006610000SW (parcialmente)

e 27036A109006290000SZ

Norte

27036A10800662

27036A10800660

Leste

27036A10809033 (camiño)

27036A10809032 (camiño)

27036A10900605

27036A10909018 (camiño)

Sur

27036A10900250

27036A10900317

Oeste

27036A10909009 (camiño)

27036A10800661

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 28.6.2022 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 10 de xaneiro de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo