DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a varios propietarios da zona de Concentración Parcelaria de Xanceda II (Mesía-A Coruña) para ser notificados por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a varios propietarios da zona de Concentración Parcelaria de Xanceda II (Mesía-A Coruña) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os expedientes poderanse consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Xanceda II (Mesía-A Coruña)

DNI

Nº prop.

Acto notificado

32191111N

17 a

Trámite de audiencia

32191194A

49

Trámite de audiencia

76302323F

61

Trámite de audiencia

32217792D

111

Trámite de audiencia

32220369Z

218

Trámite de audiencia

32301847A

222

Trámite de audiencia

Manuel Sánchez Sánchez

231

Trámite de audiencia

76270884D

234

Trámite de audiencia

32258312F

261

Trámite de audiencia

76294909E

305 a

Trámite de audiencia

José Manuel Ferreiro Villaverde

305 g

Trámite de audiencia

32218099K

305 j

Trámite de audiencia

32190728C

305 l

Trámite de audiencia

32217921G

305 i

Trámite de audiencia

76315460B

314 d

Trámite de audiencia

76294958W

314 c

Trámite de audiencia

76294835V

315

Trámite de audiencia

José Ramón Carro Sánchez

357

Trámite de audiencia