DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de execución subsidiaria de procedemento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), e para que sirva de notificación as persoas interesadas, ao ignorarse o lugar de notificación, faise público que o alcalde presidente adoptou a Resolución nº 37/2024, do 9.1.2024, de inicio de expediente de execución subsidiaria por incumprimento da obrigación de xestión da biomasa (art. 22.2 e 4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais) e liquidación provisional anticipada dos custos, que se indica a seguir:

Nº expediente

Parcela

Data notificación/publicación

Situación

Superficie

Liquidación provisional

Persoas responsables

2023/I004/000026

Predio 864,

ZCP Parada II

DOG nº 88, do 9.5.2023

BOE nº 112, do 11.5.2023

Lg. Empalme, 14, Ordes

0,033 ha

130,45 €

Herdeiros

de Nicolás

Veiras Couselo

As persoas interesadas ou os seus representantes poderán solicitar, acreditando a súa identidade, unha copia da notificación correspondente, comparecendo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, na Secretaría Xeral deste Concello (rúa Alfonso Senra, 108, 15680, Ordes), no prazo máximo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Se, transcorrido devandito prazo non se compareceu, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución que, de conformidade co disposto no art. 52.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LBRL), é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde presidente (art. 123.1 Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP), no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que se producise a súa notificación, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de producida a notificación.

Ordes, 9 de xaneiro de 2024

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente