A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal dun técnico superior para o proxecto Cibbrina-Reduce.
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https:// cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.
Vigo, 19 de xaneiro de 2023
Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Cetmar