DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7099

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024 (código de procedemento MR340A).

Advertido un erro na versión en galego da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 4, do día 5 de xaneiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxinas 773 e 774, no parágrafo terceiro do punto 3 do artigo 16. Resolución, onde di:

«A resolución sinalará tamén a data máxima para xustificar o investimento, incluídos a súa facturación e pagamento efectivo, así como a presentación da documentación necesaria para tramitar o cobramento da subvención correspondente. Esta data será cando menos posterior en dez días á data prevista no calendario presentado, sen que en ningún caso se supere en cada anualidade a data do 10 de outubro. Non obstante, excepcionalmente, no caso de que a resolución de concesión das axudas sexa posterior ao día un de setembro de 2024, a data máxima para xustificar o investimento na primeira anualidade poderá ser posterior á referida data do 10 de outubro, sen que se supere o día 29 de decembro de 2023. En todo caso, a referida data máxima de xustificación figurará expresamente indicada na resolución de concesión»; debe dicir: «A resolución sinalará tamén a data máxima para xustificar o investimento, incluídos a súa facturación e o pagamento efectivo, así como a presentación da documentación necesaria para tramitar o cobramento da subvención correspondente. Esta data será cando menos posterior en dez días á data prevista no calendario presentado, sen que en ningún caso se supere en cada anualidade a data do 10 de outubro. Non obstante, excepcionalmente, no caso de que a resolución de concesión das axudas sexa posterior ao día 1 de setembro de 2024, a data máxima para xustificar o investimento na primeira anualidade poderá ser posterior á referida data do 10 de outubro, sen que se supere o día 29 de decembro de 2024. En todo caso, a referida data máxima de xustificación figurará expresamente indicada na resolución de concesión».