DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto Solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor, nos concellos de Mesía, Ordes e Abegondo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/124).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (NIF B85945475).

Domicilio social: Paseo del Club Deportivo 1, edif. 13, 1º, Pozuelo de Alarcón.

Enderezo para efectos de notificacións: rúa Fernando de Casas Novoa 35, bloque B, 2º andar, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor (expediente IN408A 2020/124).

Concellos afectados: Mesía, Ordes e Abegondo (A Coruña).

Orzamento total (execución material): 3.519.633,74 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Obxecto:

Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada polos parques eólicos Legre e Solpor, proxéctase unha liña de alta tensión (LAT) de 132 kV, con orixe no apoio 1 (UTM ETRS89 H29 X: 554.647,52; Y: 4.775.471,22), onde se conectará á liña proveniente do PE Solpor (expediente IN408A 2018/026, obxecto dun proxecto independente, en tramitación) e a liña de evacuación do PE Legre (expediente IN408A 2020/143, obxecto dun proxecto independente, en tramitación), que evacúa o PE Legre (expediente IN408A 2020/097, obxecto dun proxecto independente, en tramitación), ata a subestación colectora Mesón (expediente IN408A 2020/145, obxecto dun proxecto independente, en tramitación) na posición (UTM ETRS89 H29 X: 551.419,28; Y: 4.778.766,00), onde se proxecta unha ampliación da subestación. A posterior evacuación ao nó de REE de Mesón do Vento terá lugar mediante infraestruturas no obxecto do presente proxecto.

As instalacións que comprenden o proxecto son:

– Unha (1) posición da liña subterránea 132 kV-transformador 132/220 kV na subestación colectora Mesón 220/132 kV.

– Unha (1) posición de transformador de 220 kV na subestación colectora Mesón 220/132 kV.

– Liña de alta tensión 132 kV entroncamento Legre/Solpor-SET colectora.

Características técnicas das instalacións:

A LAT obxecto da presente tramitación componse dun tramo aéreo e dun tramo subterráneo, do seguinte modo:

Tramo aéreo:

– Ten a orixe no apoio núm. 1 (UTM ETRS89 H29 X: 554.647,52, Y: 4.775.471,22), onde se conectará á liña proveniente do PE Solpor (obxecto dun proxecto independente, en tramitación) e a liña proveniente do PE Legre (obxecto dun proxecto independente, en tramitación) e fin no apoio aero-subterráneo núm. 16 (UTM ETRS89 H29 X: 552.248,95, Y: 4.777.815,15).

– O apoio 1 é un apoio de simple circuíto con xeometría especial en bandeira para permitir a conexión da liña LAT 132 kV PE Solpor e dar continuidade á liña LAT 132 kV evacuación PE Legre.

– Lonxitude de 3.956 m, formado por 16 apoios de celosía de aceiro.

– A configuración do tramo aéreo será de simple circuíto en disposición triangular con condutor LA-280, cable de garda OPGW 2…48 F.O. e cable de garda GSW-EHS ⅜.

– A conexión á terra dos apoios non frecuentados será mediante dúas picas de aceiro cobreado de 2 m de lonxitude e 14 mm de diámetro, con dúas patas situadas diametralmente opostas. Nas patas que non dispoñen de pica á terra instalarase un dobre anel de cable de AC-50 mm² galvanizado ou cobre espido na base da cimentación. A conexión do apoio a cada pica ou a cada anel realizase mediante cable de aceiro galvanizado ou ben cobre espido de 50 mm² mediante grampa de conexión sinxela con fixación ao perfil metálico mediante parafuso e torca M-12.

Non se detectou apoio clasificado como frecuentado.

Tramo subterráneo:

– Ten a orixe no apoio aero-subterráneo núm. 16 (UTM ETRS89 H29 X: 552.248,95, Y: 4.777.815,15) e fin na SET colectora Mesón (UTM ETRS89 H29 X: 551.419,28; Y: 4.778.766,00).

– Lonxitude de 1.388 m.

– O tramo subterráneo levará unha terna de cables tipo RHZ1 76/132 kV 1xAl630 mm²+ H95 soterrados en gabia dispostos en triángulo, cable de comunicacións PKP e de conexión equipotencial RV 0,6/1 kV 1xCu185 mm².

– No terminal do paso subterráneo-aéreo instalarase un sistema de posta á terra en anel perimetral ao apoio, formado por condutores de cobre de 70 mm² e picas de aceiro cobreadas de 14 mm de diámetro e 2 m de lonxitude para conexión dos descargadores da liña e a posta á terra das pantallas dos extremos do tramo soterrado.

A ampliación da subestación obxecto do presente proxecto estará composta polos seguintes elementos:

– Unha posición de transformador de potencia de 220 kV, conectada a barras de 220 kV.

– Unha posición combinada de liña-transformador de 132 kV, equipada cun transformador de 105/120 MVA ONAN/ONAF, de relación de transformación 220: 132 kV e regulación en carga.

As diferentes posicións disporán dos equipamentos necesarios de protección e medida exixidos pola compañía distribuidora.

A posta á terra da ampliación da subestación colectora estará formada por unha malla de cuadrículas de 3,00×3,00 metros. Empregarase cable de cobre recocido de sección de 120 mm², soterrado nunha profundidade de 0,80 m. En todos os puntos de unión entre diferentes condutores de malla de terra realizarase soldadura aluminotérmica (Cadweld).

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución da solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor (visado 24.8.2023).

1.1. Plano xeral do proxecto da instalación.

1.2. Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública e urxente ocupación

1.3. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo (5.12.2023).

1.4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto da instalación.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) da solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor (asdo. 16.8.2023).

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, así como en particular, das persoas propietarias dos predios afectados que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación nas provincias afectadas, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Mesía, Ordes e Abegondo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da devandita consellería a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 20 de decembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados pola solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor, nos concellos de Mesía, Ordes e Abegondo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/124)

Tramo aéreo

Nº predio

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Afección

Apoio

Voo

Vieiro

Voo-vieiro

Ocupación temporal (m²)

Ref. catastral

Núm. (%)

Superficie (m²)

Superficie (m²)

Superficie (m²)

Superficie (m²)

Concello de Mesía

1

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

15048A51100888

Muíño Vello

Matogueira-prados

 

 

1.782,89

 

 

 

3

Quindimil Fernández, Francisca (herdeiros de)

15048A51100885

Gabín

Matogueira-forestal

1

5,66

493,62

341,63

15,54

451,89

4

Quindimil Sánchez, Ángel

Graña Cao, María Carmen

15048B50100001

Ganzas

Prados

 

 

11,96

 

 

 

6

Quindimil Sánchez, Ángel

15048A51100892

As Brañas

Forestal-matogueira

 

 

4.371,18

 

 

 

7

Descoñecido

15048A51100891

As Brañas

Matogueira

 

 

895,25

 

 

 

8

Moar Ríos, José

15048A51100890

As Brañas

Matogueira

2

5,11

2.451,80

12,82

360,52

450,40

9

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

15048A51100889

As Brañas

Forestal

 

 

529,21

 

 

 

11

Martín Mosquera, Mónica Graciela

15048A51100037

Carneiras

Prados-forestal

 

 

2.180,87

 

 

 

12

Manteiga Pose, Francisco (herdeiros de)

15048A51100040

Carneiras

Prados

 

 

594,93

 

 

 

13

Manteiga Pose, Francisco (herdeiros de)

15048A51100036

Carneiras

Prados

 

 

591,24

 

 

103,11

14

Quindimil Graña, Víctor Manuel

15048A51100031

Carneiras

Prados

3

6,76

1.579,88

 

332,74

359,93

15

Descoñecido

15048A51100030

Carneiras

Matogueira

 

 

203,70

 

 

 

17

Barreiro Moar, Rafael (herdeiros de)

15048A51100029

Carneiras

Matogueira

 

 

0,02

 

 

 

18

Barreiro Moar, Rafael (herdeiros de)

15048C50100610

Prado da Ponte

Matogueira

 

 

987,81

 

 

 

20

Quindimil Graña, Víctor Manuel

15048C50100599

Cedeiras

Matogueira

4

6,55

2.305,88

257,85

98,06

457,63

21

Bello Botana, María

15048C50100598

Cedeiras

Matogueira

 

 

146,74

 

 

 

Concello de Ordes

23

Bello Botana, Pilar

Mosquera Bello, María del Pilar

15060A50200596

Cerdeira

Forestal

 

 

0,74

 

 

 

24

Bello Pérez, María (herdeiros de)

15060A50200595

Cerdeira

Labradío

 

 

1.057,74

 

 

 

25

Rúa Fandiño, José María

Presedo Presedo, Pilar

15060A50200593

Cerdeira

Labradío

 

 

1.358,18

 

 

 

26

Bello Pérez, Antonio

15060A50200592

Cerdeira

Labradío

5

5,11

1.194,34

350,86

56,33

382,98

27

Pérez Veiras, Concepción

15060A50200591

Peladas

Prados

 

 

3.105,84

 

 

57,22

29

Bello Pérez, Francisco

15060A50200569

Codeseira

Forestal

 

 

963,44

 

 

 

30

Rúa Fandiño, José María

15060A50200568

Ch. Muíño

Forestal

 

 

432,61

 

 

 

32

Pérez Cea, Jesús

15060A50200566

Peladas

Forestal

 

 

171,79

 

 

 

33

Pérez Cea, Jesús

15060A50200565

Peladas

Forestal

 

 

107,54

 

 

 

Concello de Abegondo

34

Inmobiliaria Costa Coruña, S.L.

15001A04400015

Chicorra

Forestal

6

8,24

1.344,67

760,15

41,68

459,14

36

Inmobiliaria Costa Coruña, S.L.

15001A04400016

Arelar

Forestal

7

4,16

7.959,73

27,01

22,94

441,49

38

Inmobiliaria Costa Coruña, S.L.

15001A04500182

Chicorra

Forestal

8

6,76

3.918,28

40,50

18,77

463,19

40

Inmobiliaria Costa Coruña, S.L.

002400100NH57G

Balvís, 13, Coto de Gudín

Forestal-matogueira

9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16

52,47

34.972,59

10.283,84

3.271,35

4.166,59

Afeccións tramo aéreo:

• Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados:

– Apoio: expropiación total en metros cadrados (m²).

• Servidume de paso:

– Vieiro: servidume de paso dos vieiros polos que circularán os transportes durante a construción da liña, así como durante a súa etapa de mantemento, en metros cadrados (m²).

• Servidume de voo: as afeccións solapadas (voo+vieiro) deben restarse das individualizadas.

– Voo: servidume de voo en metros lineais (ml) e metros cadrados (m²). Comprende a franxa de terreo definida pola proxección sobre o terreo dos condutores extremos e as súas cadeas de illadores nas condicións máis desfavorables, incrementada esta superficie pola distancia de seguridade regulamentaria a ambos os dous lados. Esta servidume de voo comprende o dereito de paso e acceso e a ocupación temporal dos terreos e outros bens necesarios para a construción, vixilancia, conservación, reparación das instalacións, así como a corta do arboredo, se for necesario.

– Voo-vieiro: comprende aquelas zonas onde coinciden as afeccións de voo e vieiro (m²).

• Ocupación temporal: ocupación temporal dos terreos e outros bens necesarios para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións, así como a corta de arboredo, se for necesario (m²).

ANEXO II

Relación de bens e dereitos afectados

Tramo subterráneo

predio

Titulares

Datos  catastrais

Lugar

Uso

Afección

Gabia

Caixa empalmes

Vieiro

Vieiro-gabia

Voo-

vieiro-gabia

Voo-gabia

Ref. catastral

Oc. permanente (m²)

Oc. temporal (m²)

Pleno dominio (m²)

Superficie (m²)

Superficie (m²)

Superficie
(m²)

Superficie (m²)

Concello de Abedongo

40

Inmobliaria Costa Coruña, S.L.

002400100NH57G

Balvis, 13, Coto de Gudín

Forestal-matogueira

13,75

50,87

 

 

 

 

 

41

Inmobliaria Costa Coruña, S.L.

15001A04500001

Chicorra

Forestal

 

141,10

 

 

 

 

 

Concello de Mesía

44

Prego Barral, Hipólito

15048A51201200

Prado Novo

Forestal

 

629,92

 

 

 

 

 

46

Prego Barral, Hipólito

15048A51201201

Brixens

Matogueira

 

597,04

 

 

 

 

 

47

Descoñecido

15048A51211199

Prado Novo

Forestal

 

147,80

 

 

 

 

 

48

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

15048A51201199

Prado Novo

Forestal

 

230,93

 

 

 

 

 

49

Vázquez Veiras, María Elena

15048A51201174

Hospital, Tarreo Grande

Labradío

 

194,65

 

 

 

 

 

50

Vázquez Veiras, María Nieves

15048A51201175

Hospital, Tarreo Grande

Labradío

 

84,48

 

 

 

 

 

51

Liñares Martínez, Mercedes

15048A51201176

Hospital, Tarreo Grande

Labradío

 

136,78

 

 

 

 

 

52

Iglesias Sánchez, Antonio

15048A51201177

Hospital, Ponte Outeiro

Labradío

 

132,77

 

 

 

 

 

55

Gómez Graña, Antonio

15048A51201140

Hospital, Raposa

Labradío

33,61

551,53

116,70

 

 

 

 

56

Gómez Rosende, José Antonio

15048A51201139

Raposa

Prados

 

214,35

 

 

 

 

 

57

Bestilleiro Sánchez, Flora (herdeiros de)

Fariña Bestilleiro, Jesusa

Fariña Bestilleiro, Esther

15048A51201138

Raposa

Matogueira

 

147,56

 

 

 

 

 

58

Fariña Graña, Flora

15048A51201137

Baralla de Abaixo

Matogueira

 

160,68

 

 

 

 

 

59

Blanco Sánchez, Florindo (herdeiros de)

15048A51201136

Baralla de Abaixo

Matogueira

 

370,87

 

 

 

 

 

60

Gómez Candal, Andrés

15048A51201135

Baralla de Abaixo

Labradío

 

374,92

 

 

 

 

 

61

Prego Barral, Hipólito

15048A51201183

Espiño

Matogueira

 

64,36

 

 

 

 

 

Concello de Ordes

64

Liñares Eiroa, David

15060A51100919

Monte do Canedo

Prados

182,50

1.761,72

 

 

 

 

 

65

Fuentes Candal, Herminda

15060A51100920

Monte do Canedo

Prados

 

47,19

 

 

 

 

 

66

Presedo Iglesias, Pedro Manuel María

15060A51100924

Monte do Canedo

Forestal

105,65

1.046,77

 

 

 

 

 

Afeccións en metros cadrados (m²):

• Ocupación permanente:

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada en metros cadrados (m²). Abrangue a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade igual á metade de anchura de canalización.

• Ocupación temporal:

– Gabia: ocupación temporal dos terreos e outros bens necesarios para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións así como a talla de arborado se fose necesaria (m²).

• Pleno dominio:

– Caixa empalmes: arqueta para empalme de cables (m²).

• Servidume de paso: deberán restarse as afeccións solapadas (serv. voo+vieiro, serv. voo+vieiro+gabia, serv. voo+gabia) que se indican na súa propia columna.

– Vieiro: servidume de paso temporal dos vieiros polos que circularán os transportes durante a construción da liña, así como durante a súa etapa de mantemento, en metros cadrados (m²).

– Vieiro-gabia: comprende aquelas zonas onde coinciden as afeccións de vieiro e gabia (m²).

– Voo-vieiro-gabia: comprende aquelas zonas onde coinciden as tres afeccións, serv. voo-vieiro-gabia (m²).

– Voo-gabia: comprende aquelas zonas onde coinciden as afeccións de voo e gabia (m²).