DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-03563-O-2023 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-03563-O-2023 e nove máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días (30) contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 18 de decembro de 2023

Joaquín San Martín Zamácola
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-03563-O-2023

9873-LMY

X5630083M

Exceso de peso superior ao 5 %.

2.11.2022; 8.33.00; AP-9; 137,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-03641-O-2023

5895-DFZ

Y7285930G

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

8.5.2023; 9.20.00; PO-510; 0,374

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-03851-O-2023

4632-HFZ

X7175792E

A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT.

19.5.2023; 13.48.00; AP-9; 137,683

Art. 140.32 LOTT
Art. 197.37 ROTT

Art. 201.1.g) ROTT
Art. 143.1 LOTT

1.001 euros

PO-03920-I-2023

1863-KLW

Y5869355E

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

2.10.2023

Art. 140.12 LOTT
Art.197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT
Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-04092-O-2023

B-9352-TN

Y1296658R

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

23.5.2023; 14.00.00; PO-510; 0,3

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-04261-O-2023

0113-FFL

35321032R

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
14.6.2023; 8.25.00; N-541; 55,5

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-04493-O-2023

C-8322-BW

Y8074623G

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

28.6.2023; 14.29.00; PO-531; 0,8

Art. 141.2 LOTT
Art. 198.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT
Art. 201.f) ROTT

801 euros

PO-04508-O-2023

C-8322-BW

Y8074623G

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
28.6.2023; 14.29.00; PO-531; 0,8

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-04850-S-2023

5482-FLB

55149450G

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
11.7.2023; 17.15.00; travesía de Vigo, nº 219

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-04852-S-2023

5428-FLB

55149450G

Transporte de mercadorías perecedoiras ultraconxeladas carecendo ou non levando instalado o aparello rexistrador de temperatura (termógrafo).
11.7.2023; 17.15.00; travesía de Vigo, nº 215

Art. 140.20 LOTT
Art. 197.21 ROTT

Art. 143.1 LOTT
Art. 201.h) ROTT

2.001 euros