Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: substitución do apoio 902KGGMC//D4-B9-9 da LMTA VLG805 e instalación ITC.
Situación: O Grove.
Características técnicas:
– Substitución do apoio nº 902KGGMC//D4-B9-9 da liña de media tensión aérea (LMTA) VLG805, San Vicente, 5, por un apoio C-2000/14-H35, no cal se instala un interruptor telecontrolado.
– Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado C-2000/14-H35 (218 metros de condutor LA-56).
A instalación está situada no lugar Monte Siradella, no concello do Grove (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 26 de decembro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/411-4.
Denominación: substitución do apoio 902KGGMC//D4-B9-9 da LMTA VLG805 e instalación ITC.
Concello: O Grove.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m2 |
|||||
1 |
Monte Comunal |
Rústico |
36022A020003810000EX |
CMVMC de San Martiño |
9 |
2,00 |