DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6165

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023, que se incorpora no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2023-2024

7.9.2023

599.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2023-2024

7.9.2023

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América para o programa de bolsas Xunta de Galicia-Fulbright

8.9.2023

558.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), para o desenvolvemento de programas de I+D+i nos institutos de investigación do CSIC e nos centros oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía (CSIC-IEO), centro nacional do CSIC, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia no período 2023-2024

13.9.2023

1.283.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) para a promoción, captación e retención de talento e o impulso da marca Galicia como activo para a I+D+i

13.9.2023

2.045.208,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2023-2024

15.9.2023

766.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+I no período 2023-2024

15.9.2023

389.000,00 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de innovación e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia para regular as condicións da axuda destinada ao despregamento dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información que permita impulsar a I+D+i en Galicia, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

27.9.2023

Sen achega económica

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), para instrumentar a concesión dunha subvención por parte da Axencia Galega de Innovación e fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do programa Horizon Europe

26.10.2023

399.999,31 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Consorcio Aeronáutico Galego para a creación, posta en marcha e xestión do Observatorio da Industria Aeroespacial en Galicia

7.11.2023

344.613,36 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Clúster Saúde de Galicia para a implementación dun plan de actividades para impulsar a innovación e a transferencia no tecido empresarial galego do sector saúde no período 2023-2025

30.11.2023

228.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte

18.12.2023

Sen achega económica

Addenda de modificación e prórroga ao convenio, asinado o 10 de xullo de 2022, entre o Instituto Galego de Promoción Económica, Axencia Galega de Innovación, Xesgalicia Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, S.A., S.M.E., para o desenvolvemento da sétima e oitava edicións do programa ViaGalicia

18.12.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2023-2024

19.12.2023

30.000,00 €