DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6167

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Data sinatura

Importe

2023

2024

2025

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino novos modelos para a sustentabilidade e a competitividade turística na ría de Muros Noia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

7.9.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Porriño para a humanización do antigo campo da feira do Porriño.

22.11.2023

194.329,65 €

303.883,47 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago e a S.A.M.I. Catedral de Santiago para o apoio e reforzo da seguridade no complexo catedralicio.

28.11.2023

295.197,02 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (Asnauga) para a promoción da Ruta Traslatio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión

Europea-NextGenerationEU.

24.11.2023

591.108,16 €

772.392,05 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e os concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira e Valga para o desenvolvemento do proxecto Mar de Santiago 2023.

22.11.2023

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para o proxecto de renovación da cuberta da igrexa parroquial de San Martiño de Carballido en Lugo.

24.10.2023

115.140,01 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cospeito para a mellora do recinto feiral municipal Manuel Vila, no núcleo de Muimenta.

30.11.2023

Sen achega

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Leiro para mellorar a sinalización turística e ambiental do concello.

1.12.2023

Sen achega

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cortegada para o proxecto de mellora da seguridade viaria e praza de acceso ao balneario histórico de Cortegada.

13.11.2023

Sen achega

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Consellería de Política Social e Xuventude, a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG), a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia (Agavi), a Asociación de Turopeadores receptivos de Galicia (Atrega) e a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (Avipo) para o desenvolvemento do programa Xacobeo Xove.

22.11.2023

210.000,00 €

790.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas para a mellora paisaxística e das condicións de seguridade na senda do Tea e na área recreativa A Freixa.

27.11.2023

Sen achega

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para o proxecto de humanización e mellora da infraestrutura no núcleo de Mixós (fase II), concello de Monterrei.

1.12.2023

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago para a celebración do II Encontro mundial de asociacións xacobeas 2EM.

22.9.2023

211.449,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e Cruz Roja Española para dar asistencia a situacións de potencial emerxencia en puntos do Camiño Francés.

25.9.2023

55.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas para a posta en valor das alfombras florais de Ponteareas.

13.11.2023

36.665,20 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para o diagnóstico estratéxico da situación do turismo en Galicia.

15.11.2023

77.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Castrelo de Miño para o mantemento da capa de rodaxe dos accesos á zona turística de Santo Estevo de Ponte Castrelo.

27.10.2023

51.333,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Real Federación Española de Deportes de Inverno (RFEDI) para a promoción do evento presentación dos equipos nacionais da RFEDI.

24.10.2023

48.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Valga para o proxecto de humanización da praza do Souto.

6.11.2023

14.745,94 €

225.584,03 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo para o apoio á promoción turística e á estrutura e funcionamento da entidade no ano 2023.

29.11.2023

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Santiago e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas do Apóstolo 2023.

25.10.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cambados para a celebración da LXXI edición da Festa do Albariño.

23.10.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Vilagarcía de Arousa e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas de San Roque 2023.

18.10.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Asociación Coordinadora Festa da Istoria e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Istoria 2023.

23.10.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Lugo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas de San Froilán 2023

18.10.2023

25.000,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña para a execución do plan de sustentabilidade turística Os Fogóns do Anllóns, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

9.10.2023

490.000,00 €

580.000,00 €

430.000,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Carballiño-O Ribeiro para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Ribeiro-O Carballiño, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión

Europea-NextgenerationEU.

16.10.2023

89.234,00 €

750.909,00 €

659.857,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural para a execución do Plan de sustentabilidade turística do xeodestino ría de Vigo e Baixo Miño: Despensa de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

6.10.2023

425.000,00 €

615.000,00 €

460.000,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios de Arousa Zona Norte para a execución do Plan de sustentabilidade turística Barbanza Arousa, Viaxe a través da Historia dos sabores, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

18.10.2023

335.000,00 €

650.000,00 €

515.000,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Guarda para a execución do Plan de sustentabilidade turística da Guarda, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

11.12.2023

155.000,00 €

705.000,00 €

140.000,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación GDR Valdeorras para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión

Europea-NextGenerationEU.

19.12.2023

367.525,52 €

677.442,88 €

455.031,60 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

9.10.2023

351.638,00 €

718.137,00 €

305.625,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Ría de Arousa Norte para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Barbanza-Arousa.

12.9.2023

48.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa #DescubreGaliciaenOutono, a través dos bonos turísticos.

27.10.2023

60.000,00 €