DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/436-4 modificado).

O 19.10.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70.

O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 23 de decembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de xaneiro de 2023, no xornal Faro de Vigo do 8 de febreiro de 2023 e no taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.

O 29.3.2023, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/436-4), publicada no DOG do 26 de abril de 2023, coas seguintes características:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 566 metros, coa orixe no empalme coa LMTS RED 709 e final no centro de transformación (CT) proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola. A segunda é de 566 metros, coa orixe no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola e final no empalme coa LMTS RED 709. Centro de transformación compacto telecontrolado a 400 kVA, con RT de 15 kV/400 V, situado no lugar de Reboreda, na parcela con referencia catastral 3222609NG3832S0001WG. A instalación está situada en Reboreda, no concello de Redondela (Pontevedra).

O 24.10.2023, UFD Electricidad, S.A. presentou unha modificación do proxecto orixinal para atender as condicións do Concello de Redondela. Isto provocou cambios na saída do centro de transformación, na orientación das afeccións iniciais e na lonxitude da liña de media tensión subterránea proxectada.

Unha vez realizada as modificacións anteriormente descritas e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70 (modificado).

Situación: Redondela.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 237 metros, coa orixe no empalme coa LMTS RED 709 e final no centro de transformación (CT) proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola. A segunda é de 237 metros, coa orixe no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola e final no empalme coa LMTS RED 709.

– Centro de transformación compacto telecontrolado a 400 kVA, con RT de 15 kV/400 V, situado no lugar de Reboreda, na parcela con referencia catastral 3222609NG3832S0001WG.

A instalación está situada en Reboreda, no concello de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/436-4 modificado.

Denominación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70 (modificado).

Concello: Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afección

CT

ml sub.

m2 sub.

1

Reboreda

Urbano

3222609NG3832S0001WG

Descoñecido/a

23,39

5,00

18,71