DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/371-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio A19WHXRC//17-1 da LMTA LOZ807B e instalación ITC.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

Substitución do apoio A19WHXRC//17-1 da LMTA LOZ807B, no tramo LOZ807B1415, por un apoio C-2000/14 e liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 89 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio existente A1A2974R//17-2.

Instalación de un interruptor telecontrolado no apoio proxectado C-2000/14.

A instalación está situada en Agrovello, parroquia de Lourizán (Santo André), no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/371-4.

Denominación: substitución do apoio A19WHXRC//17-1 da LMTA LOZ807B e instalación ITC.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Espiño

Rústico

36900A043001060000QJ

Herdeiros de Sebastián Seoane Fuentes

1

1,44