DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2023/295-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA e novo CT Quintáns.

Situación: A Estrada.

Características técnicas:

Desmontaxe do centro de transformación (CT) actual Quintáns (36CS59) e instalación dun novo centro de transformación intemperie (CTI), a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, sobre un novo apoio proxectado C-2000/14.

Liña de medita tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 94 metros de lonxitude, con orixe no apoio AD1JNP6B//AD1IWA4I da LMTA LES808 (que será substituído por un C-2000/14) e final no novo apoio proxectado C-2000/14 no cal se instala o centro de transformación.

A instalación está situada no lugar de Codeseda, no concello da Estrada (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/295-4.

Denominación: LMTA e novo CT Quintáns.

Concello: A Estrada.

Lugar

Cultivo

Datos catastrais

Titular

Apoio/CT

Afeccións

Políg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Codeseda

Rústico

7

1385

José Souto Lorenzo

Apoio

2,00

17,36

95,66

2

Codeseda

Rústico

7

1379

María Casilda Purificación Rodríguez Ulla

35,05

252,29

3

Codeseda

Rústico

7

1378

María Arminda Esther González Basteiro

27,13

242,57

4

Codeseda

Rústico

7

1376

Narciso Souto Lorenzo

CT+Apoio

2,00

13,77

123,26