DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a resolución pola que se revisa e modifica a autorización ambiental integrada de Queserías Entrepinares, S.A.U. no concello de Vilalba (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución.

Instalación: fábrica de queixo

Procedemento: revisión e modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Queserías Entrepinares, S.A.U.

Expediente: 2020-IPPC-M-25 e 2021-IPPC-M-123

Localización: concello de Vilalba (Lugo)

Número rexistro: 2010-IPPC-1012-253

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-deexpedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de forma presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2ª planta, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático