DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a resolución pola que se modifica substancialmente a autorización ambiental integrada de Inleit Ingredients, S.L.U. no concello de Curtis (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución.

Instalación: procesamento de leite

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Inleit Ingredients, S.L.U.

Expediente: 2023-IPPC-M-1

Localización: concello de Curtis (A Coruña)

Número rexistro: 2019-IPPC-I-140_333

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-deexpedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de forma presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático