DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución do parque eólico Barreiros III, nos concellos de Ribadeo e Barreiros (expediente IN408A 2020/079).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Antecedentes:

• O 22.5.2020, Tecnorenova Eólica, S.L.U. presentou solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Barreiros III, nos concellos de Ribadeo e Barreiros, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• O 4.2.2022, Tecnorenova Eólica, S.L.U. comunicou o cambio da súa denominación social, que pasa a ser WPD Tecnorenova, S.L.U.

• O 14.11.2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN achegou a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

• O 5.12.2023, o promotor desistiu da declaración de utilidade pública solicitada o 22.05.2020.

• O 13.12.2023, a Xefatura Territorial de Lugo aceptou a desistencia da declaración de utilidade pública presentada polo promotor.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a continuación:

Solicitante/promotora: WPD Tecnorenova, S.L.U.-NIF B27504570.

Domicilio social: polígono industrial Sete Pontes-rúa Cerdeira, P-A2/B, Vilalba (Lugo).

Denominación do proxecto: parque eólico Barreiros III.

Situación: concellos de Ribadeo e Barreiros (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): O Mondigo e Penalonga.

Potencia instalada: 49,50 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 11.

Produción neta anual estimada: 154.589 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 45.352.271,12 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

a

646.700

4.821.740

b

652.430

4.821.740

c

652.430

4.819.760

d

646.700

4.819.760

Coordenadas de localización do aeroxerador:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

BAIII-01

648.456

4.821.224

BAIII-02

648.111

4.821.383

BAIII-03

647.697

4.821.450

BAIII-04

648.995

4.821.466

BAIII-05

649.698

4.821.194

BAIII-06

650.054

4.821.019

BAIII-07

650.495

4.820.875

BAIII-08

650.876

4.820.692

BAIII-09

651.265

4.820.317

BAIII-10

651.472

4.821.168

BAIII-11

651.896

4.821.063

Coordenadas da subestación:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

649.210

4.820.789

B

649.281

4.820.766

C

649.258

4.820.694

D

649.186

4.820.717

Características técnicas principais das instalacións:

• Once (11) aeroxeradores de 4,5 MW de 110 m de altura da buxa e 155 m de diámetro de rotor.

• Once (11) centros de transformación, situados no interior da góndola de cada aeroxerador, con potencia nominal de 5.000 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

• Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre os aeroxeradores e a subestación transformadora 30/132 kV, composta por tres liñas con condutores tipo HEPRZ1 18/30 kV e seccións de 95, 150, 240 e 500 mm2 de aluminio. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións.

• Subestación transformadora en que se situarán o parque de intemperie, o edificio de control, vías e zonas de acceso e estacionamento, así como espazo libre suficiente para posibilitar a ampliación cunha nova posición de transformación; constará dunha posición de liña de 132 kV, un transformador principal de 50/55 MVA ONAN/ONAF de relación de transformación 132/30 kV con regulación en carga e un transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, subestación, cimentacións e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (visado ICOIIG nº 20232710, con data 29.8.2023).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 1.9.2023).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Ribadeo e Barreiros (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/barreiros2

Lugo, 16 de xaneiro de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo