DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2023/105-4).

Expediente: IN407A 2023/105-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: reforma LMTS VAR803A e VAR809.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Feitos:

1. O 20.2.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica reforma LMTS VAR803A e VAR809.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado LE 1010 do COIILE, e no cal figura un orzamento total de 192.718,75 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións na avenida das Carolinas, na rúa Estorniño, na rúa Xílgaro, na rúa Bubela, na travesía Carolinas, no grupo San Roque, na avenida Rodrigo de Mendoza e na rúa Florida, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra):

– Déixanse sen servizo os seguintes tramos das liñas de media tensión VAR803A e VAR809: VAR803A1402, VAR803A1383, VAR8090750, VAR8090741, VAR8090742, VAR8090833, VAR8090806, VAR8090805, VAR8090762, VAR8090737, VAR8090738, VAR8090736, VAR8090771, VAR8090746, VAR8090770, VAR8090772, VAR8090797, VAR8090796, VAR8090798, VAR8090751, VAR8090778 e VAR8090802.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea en RHZ1 en varias actuacións.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vilagarcía de Arousa, Augas de Galicia, Demarcación de Estradas do Estado, Nedgia Galicia, S.A. e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos pola Demarcación de Estradas do Estado e polo Servizo do Patrimonio Cultural.

O Concello de Vilagarcía de Arousa informou que as obras considéranse viables desde o punto de vista do cumprimento da normativa urbanística.

Nedgia Galicia, S.A. solicitou unha separata en que prevén, entre outras, as distancias á canalización de gas en planta e perfil e as distancias das liñas e os seus apoios ás aéreas de canalización de gas.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O 3.11.2023, esta xefatura requiriu a UFD a presentación dun modificado do proxecto orixinal para dar resposta a solicitude de Nedgia Galicia, S.A.

4. O 7.11.2023, UFD achegou a conformidade de Nedgia Galicia, S.A. con base na separata ampliada remitida por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Esta separata ampliada non modifica a solución inicial, simplemente amplía a información sobre as distancias da canalización da liña de media tensión subterránea proxectada en relación coas canalizacións de gas da zona.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en nove actuacións:

1. Lonxitude de 745 metros, coa orixe no empalme que se vai executar na LMTS VAR803A e final no centro de transformación San Roque 36HB6.

2. Lonxitude de 127 metros, coa orixe no empalme que se vai executar na LMTS VAR809 e final no centro de transformación Carolinas 70 36CQG2.

3. Lonxitude de 27 metros, coa orixe no centro de transformación Carolinas 70 36CQG2 e final no centro de transformación Carolinas 36CHB5.

4. Lonxitude de 72 metros, coa orixe no centro de transformación Carolinas 36CHB5 e final no centro de transformación Estorniño 36CNK2.

5. Lonxitude de 185 metros, coa orixe no centro de transformación Estorniño 36CNK2 e final no centro de transformación Xílgaro 36CQG3.

6. Lonxitude de 127 metros, coa orixe no empalme que se vai executar na LMTS VAR809 que parte do centro de seccionamento Alcampo 36CZP5 e final no empalme que se vai executar na LMTS VAR809 cara ao centro de transformación Fonte da Coca 36CNL3.

7. Lonxitude de 148 metros, coa orixe no empalme que se vai executar na LMTS VAR809 que parte do centro de transformación Fonte da Coca 36CNL3 e final no centro de transformación Bubela 36CLJ2.

8. Lonxitude de 243 metros, coa orixe no centro de transformación Bubela 36CLJ2 e final no centro de transformación Marxión 36C336.

9. Lonxitude de 199 metros, coa orixe no centro de transformación Marxión 36C336 e final no centro de transformación Travesía Florida 36CJY6.

A instalación está situada nas parroquias de Arealonga (Santa Baia) e Vilagarcía (Santa Baia), no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar a UFD Distribución Electricidad S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada reforma LMTS VAR803A e VAR809, expediente IN407A 2023/105-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 27 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra