DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4557

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1. Publicar a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da
Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2023

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data da
sinatura

Addenda para a modificación do acordo da comisión bilateral celebrada o 26 de outubro de 2017, relativa á Área de rexeneración e renovación urbana do núcleo urbano histórico de Padrón (A Coruña) Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, rehabilitación edificatoria, e rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento do financiamento inicialmente previsto, na forma que se detalla a seguir: 10ª fase 26+3=29

Sen achega

11.9.2023

Addenda para a modificación dos acordos de comisión bilateral celebradas o 14 de marzo de 2015 e 26 de outubro de 2017, relativos á Área de rexeneración e renovación urbana do núcleo vello e barrio da Banda do río Lameira, en Marín (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, rehabilitación edificatoria, e rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e a súa prórroga.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación nos mencionados acordos, sen que supoña ningún incremento do financiamento inicialmente previsto, na forma que se detalla a seguir: 1ª fase 24+13=37 e 3ª fase 152+8=160

Sen achega

11.9.2023

Addenda para a modificación do acordo da comisión bilateral celebrada o 26 de outubro de 2018, relativa á Área de rexeneración e renovación urbana do núcleo antigo e zona ampliada de Cangas (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: 13ª fase 45 +8= 53

Sen achega

18.9.2023

Addenda para a modificación dos acordos da comisión bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas na Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, rehabilitación edificatoria, e rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Ampliar o prazo de execución das actuacións que se desenvolverán nas áreas de rexeneración e renovación urbanas na Comunidade Autónoma de Galicia: conxunto histórico e zonas de respecto de Monforte de Lemos e núcleo histórico de Ourense

Sen achega

11.10.2023

Acordo nº 37 da comisión bilateral, celebrada o 30 de outubro de 2023, relativo ao contorno residencial da rehabilitación programada Descontinuo de Mondariz Balneario, no concello de Mondariz-Balneario, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do ERRP Descontinuo de Mondariz Balneario, de Mondariz-Balneario, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021

Sen achega

30.10.2023

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello de Mondoñedo (Lugo) para a concesión directa dunha subvención destinada a financiar un programa de catro actuacións que contribúen a mellorar as condicións de accesibilidade e mobilidade na área Rexurbe de Mondoñedo. C-IGVS01/2024.

Regular o réxime de concesión directa dunha subvención do IGVS ao Concello de Mondoñedo por un importe de 133.510,94 euros, coa finalidade de financiar as catro actuacións descritas na cláusula terceira, as cales contribuirán á mellora das condicións de accesibilidade e mobilidade na área Rexurbe de Mondoñedo

2023: 55.768,61 €

2024: 77.742,33 €

14.11.2023