DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4555

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro a decembro do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia
(Inega) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro

Convenio

Data de sinatura

Achega
da Axencia

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster Gallego de la Industria y Servicios de Apoyo al Desarrollo de las Energías Renovables y la Sostenibilidad Energética (Cluergal) para a realización de actividades de difusión, formación, información e asesoramento relacionadas co desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia

13.9.2023

55.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster Gallego de la Industria y Servicios de Apoyo al Desarrollo de las Energías Renovables y la Sostenibilidad Energética (Cluergal) para o desenvolvemento da xornada Urban Solutions Simposium

20.9.2023

2.500,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Catedral de Santiago para a mellora da iluminación arquitectónica na biblioteca e sala capitular da catedral de Santiago de Compostela

26.10.2023

66.259,60 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para a realización de actividades de información e comunicación relacionadas co desenvolvemento da enerxía xeotérmica en Galicia e a actualización de datos estatísticos relacionados coas instalacións xeotérmicas en Galicia

2.11.2023

15.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Diocese de Lugo para a mellora da eficiencia enerxética mediante a renovación da instalación eléctrica na Igrexa de Pedreda

4.12.2023

16.780,40 €