DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4023

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a dúas encomendas de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), para executar durante os anos 2023, 2024 e 2025.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a reinstalación na ría de Ferrol dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia, durante os anos 2023, 2024 e 2025.

– Actividade: realización dos traballos relativos á reinstalación na ría de Ferrol dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia, durante os anos 2023, 2024 e 2025.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de decembro de 2023 ata o 30 de novembro de 2025.

– Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aplicación orzamentaria 15.03.723A.604.2, con código de proxecto 2023 00179, cofinanciado nun 70 % con fondos FEMPA.

2. Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o desenvolvemento de proxectos de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles para o período 2023, 2024 e 2025.

– Actividade: realización dos traballos relativos ao desenvolvemento de proxectos de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños, no marco de actividades marisqueiras sostibles para os anos 2023, 2024 e 2025.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de decembro de 2023 ata o 30 de novembro de 2025.

– Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aplicación orzamentaria 15.03.723A.604.2, con código de proxecto 2023 00181, cofinanciado nun 70 % con fondos FEMPA.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar