DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4019

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a cinco encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2024 e 2025.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 17 de novembro de 2023 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2024.

– Actividade: a realización, polo sistema de administración, do servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2024.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aplicación orzamentaria 15.01.541C.604.1, e con código de proxecto 2011 00867.

2. Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio técnico para o sistema de control e verificacións en relación co cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo FEMP 2014-2020 e polo FEMPA 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Actividade: a prestación dun servizo de apoio para a realización de controis de verificacións dos sistemas e procedementos adoptados para garantir o cumprimento correcto dos proxectos e para satisfacer os requisitos establecidos no Regulamento (UE) nº 1303/2013 para o período FEMP 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 2021/1060 para o período FEMPA 2021-2027. Para iso asistirase á Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, na súa calidade de órgano facultado para asumir as funcións na devandita materia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

3. Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020 e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Anualidade de 2024.

– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo da viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do FEMP e do FEMPA.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

4. Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio administrativo á xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade de 2024.

– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o apoio administrativo á xestión do FEMP e do FEMPA na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A, filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

5. Resolución do 13 de decembro de 2023 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a prestación dun servizo de apoio técnico ás funcións do organismo intermedio de xestión e control do FEMPA 2021-2027 e do organismo intermedio certificador do FEMP 2014-2020.

– Actividade: prestar un servizo de apoio para a realización das funcións que a autoridade de xestión do FEMPA delega no organismo intermedio de xestión e control do programa operativo FEMPA de Galicia no período 2021-2027, e para prestar un servizo de apoio para a realización de funcións que a autoridade de certificación delegou no organismo intermedio de certificación do programa operativo FEMP de Galicia, no período 2014-2020.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2025.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar