O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2023 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2023
Convenio |
Importe (€) |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)-Fórum Metropolitano para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023 |
13.796,00 |
5.9.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello da Estrada para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023 |
2.396,26 |
11.9.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Pontevedra para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023 |
12.660,75 |
13.9.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Burela para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023 |
3.051,12 |
15.9.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023 |
12.752,30 |
19.9.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Ferrol para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023 |
7.243,61 |
20.9.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Tomiño para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023 |
4.846,00 |
20.10.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Carlos Velo para o desenvolvemento da XXVIII edición do Festival Internacional de cine de Ourense-OUFF en 2023 |
60.000 |
23.10.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas Musicais-AGEM para o desenvolvemento de accións de promoción e de análise da industria musical en 2023 |
34.000 |
2.11.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Culturgal para o desenvolvemento da décimo sexta edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia-Culturgal 2023 |
85.000 |
27.11.2023 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para o desenvolvemento de concertos dentro da programación da Feira Internacional Womex 2023 encomendados polo Concello da Coruña |
80.000 |
29.11.2023 |
Convenio de colaboración entre a sucursal en España da Fundación Japón e a Axencia Galega das Industrias Culturais, a través da Filmoteca de Galicia |
Sen achega económica |
26.12.2023 |