DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se publica a clasificación, por sentenza xudicial, do monte Areosa e Arxomil, do concello de Vimianzo, a favor dos veciños da Areosa e O Arxomil.

Na sesión celebrada, o día 16 de novembro de 2023, polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña figura o seguinte acordo:

Antecedentes:

Con data do 26.2.2019, a comunidade de montes interesada solicita a inscrición do monte veciñal Areosa e Arxomil no Rexistro de MVMC.

Este monte foi obxecto do expediente de clasificación 272, que foi denegado por Resolución do Xurado do 18.5.1993. Esta resolución impugnouse ante a xurisdición contencioso-administrativa e o procedemento concluíu coa declaración de que se trataba dunha cuestión de competencia exclusiva dos tribunais da xurisdición civil.

En relación con aqueles pronunciamentos, a comunidade promoveu o preito civil resolto pola Sentenza 60/2017, do 19 de maio de 2017, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión, confirmada pola Sentenza da Audiencia Provincial, Sección 5ª, do 16 de xullo de 2018.

Nesta sentenza decláranse como monte veciñal en man común de Areosa e Arxomil dúas parcelas:

Parcela I: parcela Arriba do Prado do Enroque, correspóndese coas parcelas número 488 e 491 do polígono 58 do catastro actual do Concello de Vimianzo (parcela catastral número 2 do polígono 25 do polígono 110 do catastro do ano 1956).

Parcela II: parcela Enriba do Prado do Fero, agrupa as parcelas número un 633, 634, 684, 580, 581, e 582 do polígono 43 e parcelas número 483 e 486 do polígono 58 do catastro actual do Concello de Vimianzo (parcelas número 116 a 237 do polígono 105 e as parcelas 390 e 464 do polígono 110 do catastro de 1956).

O monte inscribiuse provisionalmente en execución de sentenza co número Id 4235 (expediente 440) e data de declaración do 19.5.2017.

No informe do xefe da Sección de MVMC sobre a cartografía presentada conclúese que o monte:

1. Ocupa unha superficie de 44,38 ha.

2. Os lindes quedan descritos do seguinte xeito:

Norte: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

3. Consta dun enclavado cunha superficie de 2,55 ha.

Unha vez examinada a dita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela, de xeito que se proceda á súa inscrición na sección provincial do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común (expediente 430), coa planimetría e lindeiros que constan na carpeta elaborada polo Servizo de Montes.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 29 de decembro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común da Coruña
P.S. (Resolución do 7. 7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo