DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 874.

Mediante este anuncio faise público que, mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 22 de decembro de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 874 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 104,86 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actual titular: Ricardo Eiras Chaves (***2649**).

Nova titular: Manuela Amelia Eiras Padín (***4402**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Vigo, 22 de decembro de 2023

A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 29.12.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica