De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) emprázase a persoa interesada para notificarlle o acto administrativo citado no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, de conformidade co sinalado no referido acordo de incoación, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De no efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 21 de decembro de 2023
María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: PS-DXIS-25-2023.
Persoa interesada: DNI 53185281N.
Acto de notificación: Acordo do 13 de decembro de 2023 de incoación de procedemento sancionador.
Precepto presuntamente infrinxido: artigo 94.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción proposta: artigo 96.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.