DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2021/276-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para notificarlle a resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 19 de decembro de 2023

Mª Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de expediente: 2021/276-36.

Persoa interesada: 78738780M.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 15 de novembro de 2023.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa e establecemento de recurso.