DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se publica a clasificación, por sentenza xudicial, do Monte Picadizo e Peracova, do concello de Rois.

Na sesión celebrada o día 16 de novembro de 2023, polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña figura o seguinte acordo:

Antecedentes:

No ano 2019 solicitouse a inscrición do Monte Picadizo e Peracova no Rexistro de Montes Veciñais en Mán Común con fundamento na sentenzas ditadas no proceso civil.

Esta resolucións teñen a súa orixe na denegación da clasificación do monte como MVMC no ano 1976 polo Xurado Provincial, ao non estar debidamente constatada a situación fáctica determinante do que debía entenderse como monte veciñal, por existir unha controversia sobre o dominio, concluíndo no sentido de que non procedía pronunciarse sobre a cualificación como MVMC do dito monte.

A Sentenza 6/2005, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditada o 11 de xaneiro de 2005, estima a demanda e declara que os montes de Picadizo e Peracova pertencen en réxime de comunidade xermánica aos veciños dos lugares de Picadizo e Peracova

Contra tal sentenza se interpuxo recurso de apelación que confirmou a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia de Padrón. Posteriormente, presentouse recurso de casación con base en varios motivos que non foron apreciados polo TSXG.

No informe do xefe de sección de MCMC sobre a cartografía presentada conclúese que o monte:

1. Ocupa unha superficie de 120,76 ha.

2. Os lindeiros quedan descritos do seguinte xeito:

Norte: co MVMC de Fufelo e propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Sur: comunidades de bens do Monte de Valiñas O Pedregal.

Oeste: co MVMC de Penaboa en toda a súa extensión.

Unha vez examinada a dita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda cumprir o establecido nela, de xeito que se proceda á súa inscrición na sección provincial do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común (exp. 429), coa planimetría e lindeiros que constan na carpeta elaborada polo Servizo de Montes.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 26 de decembro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo