DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á modificación da concesión dun caudal de auga no concello de Pontevedra (expediente DH.A36.01471).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado mediante o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de maio de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios da Canicouva a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara mediante a Resolución de Augas de Galicia do 8 de marzo de 2005, modificación que consiste en incluír a captación en seis novos mananciais, situados na parroquia da Canicouva (Santo Estevo), no concello de Pontevedra (Pontevedra), para aproveitar 12.696,6 m3 anuais de auga, con destino a abastecemento de poboación.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións