DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0317/2023-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0317/2023-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 21 de decembro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0317/2023-PPM

35473783D

resolución

Estorniño, 3, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0353/2023-PPM

77405300L

resolución

Doutor Lalinde del Río, 18, 3º C, Sanxenxo

PSC-PO-0407/2023-TRA

52483709D

resolución

Lugar A Fraga, 25, Valdoviño

PSC-PO-0503/2023-PPM

35479170Z

resolución

A Graña, 7, O Grove

PSC-PO-0510/2023-COP

36141242P

resolución

Quintela, 33, Vigo

PSC-PO-0558/2023-PPM

35443808A

resolución

Laxes, 29, A Illa de Arousa