DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de decembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Pontevedra (expediente DH.A36.65411).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado mediante o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de Frieiro a oportuna novación da concesión de 7.659 m3 anuais de auga que procede de catro mananciais situados no lugar de Mullerboa, parroquia de Fragas (Santa Mariña), no concello de Campo Lameiro (Pontevedra) e no lugar de Frieiro, parroquia de Santa María de Xeve (Santa María), no concello de Pontevedra (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións