DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 19 de outubro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Valdaios, Paradela e Touza, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Raxoá, As Carreiras, Millarouso e Santurxo, no concello do Barco de Valdeorras.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Valdaios, Paradela e Touza, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) Raxoá, As Carreiras, Millarouso e Santurxo, no concello do Barco de Valdeorras, resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. O 21.9.2022, a CMVMC de Raxoá, As Carreiras, Millarouso e Santurxo presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2322072) de revisión de esbozo do MVMC Valdaios, Paradela e Touza, no concello do Barco de Valdeorras.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificacións dos acordos da asemblea xeral celebradas o 11.12.2021, 4.6.2022 e 15.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 22 de marzo de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto desta revisión parcial de esbozo inclúe o perímetro estremeiro con particulares. Non se modifican os límites cos montes veciñais estremeiros.

A superficie do MVMC Valdaios, Paradela e Touza, unha vez revisado o esbozo, resulta de 145,35 ha fronte ás 136 ha clasificadas, o que supón un aumento dun 7 % da superficie.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Valdaios, Paradela e Touza.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 22 de marzo de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 11 de decembro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do monte Valdaios, Paradela e Touza, pertencente á CMVMC de Raxoá, As Carreiras, Millarouso e Santurxo, no concello do Barco de Valdeorras.

Ourense, 21 de decembro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense