DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Lalín (expediente DH.A36.68138).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Basilio Rivera Blanco.

DNI: ***0143**.

Expediente: DH.A36.68138.

Volume total anual: 19.180,75 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,25 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: pozo.

Lugar: Cipialgo.

Parroquia: Maceira.

Concello: Lalín.

Descrición do aproveitamento:

Solicítase a modificación do aproveitamento xa outorgado o 22.7.2022, mediante a captación dun segundo pozo na parcela 36024A118000380000BE, dotado de bomba de 1,5 kW, e bombeo ao longo duns 88 m ata o primeiro pozo, e desde este ata a parcela da corte, 36024A118000440000BU.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro