DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de decembro de 2023 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública (expediente 2023/T-00744).

Solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia de expediente de reposición da legalidade urbanística en relación co inmoble coa referencia catastral 8489918NH0388N0001JF.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar a dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, producíndose a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade número 39932027W e 34877709A, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística