DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Agolada (expediente DH.A36.81710).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ramón López Santiso.

DNI: ***0625**.

Expediente: DH.A36.81710.

Volume total anual: 590,70 m3/ano.

Destino: rega.

Orixe: río Ulla.

Lugar: A Carballeira.

Parroquia: Ramil (San Martiño).

Concello: Agolada.

Descrición do aproveitamento:

Modifícase a solicitude publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 39, do 25 de febreiro de 2022, e trasládase o punto de captación ao río Ulla, á altura da parcela 182 do polígono 16, e transcorre a condución por esa mesma parcela, e por un camiño entre as parcelas núm. 1, 810, 811, 5 e 4, ata a parcela de uso 36020A01600007.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro