DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 704

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023 pola que se pola que se dá publicidade ao Acordo do 21 de decembro de 2023, do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia, de nomeamento de xerente de Augas de Galicia.

Logo de examinar o acordo adoptado polo Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia na súa reunión do 21 de decembro de 2023, relativo ao nomeamento de xerente de Augas de Galicia, e consonte o disposto na base novena da Resolución do 20 de outubro de 2023 pola que se convoca un posto de persoal directivo na entidade pública empresarial Augas de Galicia,

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia, do 21 de decembro de 2023, de nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, convocado pola Resolución do 20 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 207, do 31 de outubro).

A persoa nomeada para o desempeño do posto de traballo e as características deste recóllense no anexo desta resolución.

O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O xerente estará suxeito ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal ao seu servizo.

A presente resolución producirá efectos a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra o acordo poderá interpoñerse ante o Consello Reitor de Augas de Galicia recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, poderá interpoñerse directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

Ethel María Vázquez Mourelle
Presidenta do Consello Reitor de Augas de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Mosqueira Martínez, Gonzalo.

NIF ***9470**.

Denominación do posto: xerente.

Código: IV.E10.00.001.15770.001.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: funcionario (subgrupo A1)/alta dirección.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 65.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro; Decreto 119/2012, do 3 de maio).

Dependencia: Augas de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.