DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 701

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 27 de decembro de 2023 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 89 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polos órganos de goberno dos distintos axentes de cooperación con representación no Congacode e de acordo co disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Cesar como vogais titulares e suplentes do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación, agradecéndolles os servizos prestados, ás seguintes persoas:

Gema Filgueira Garrido.

Alejandro Quiñoá Casteleiro.

María Paz Gutiérrez.

María del Carmen Rosina Díaz Sánchez.

Ángel Antonio Bañobre González.

Lorena Seijo Sanmiguel.

Laura Casal Guillán.

José Luis Barreiro Areses.

José Manuel Pérez Otero.

Natalia Monje Suerio.

Ana Belén Breixo Gundín.

Luisa Feijoo Montero.

Daniel Fernández Carril.

Margarita Figueroa Vázquez.

Juan Antonio González Pérez.

Jorge Cubela López.

Francisco Díaz Pereira.

Antonio Fernández Angueira.

2. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento a:

Titulares:

Gema Filgueira Garrido.

Alejandro Quiñoá Casteleiro.

María Paz Gutiérrez.

María del Carmen Rosina Díaz Sánchez.

Ángel Antonio Bañobre González.

Suplentes:

Lorena Seijo Sanmiguel.

Laura Casal Guillán.

José Luis Barreiro Areses.

José Manuel Pérez Otero.

Natalia Monje Sueiro.

3. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a:

Titulares:

Daniel Fernández Carril.

Lara Fernández Férnández-Noriega.

Suplentes:

Margarita Figueroa Vázquez.

José Manuel Alfonso González.

4. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias a:

Titulares:

Juan Antonio González Pérez.

Ángel Moldes Martínez.

Suplentes:

Carmen Gallego Fernández.

José Luis Gómez Fontenla.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes