DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, do contrato administrativo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de demolición de edificación, remodelación de ponte e creación dun cauce de augas altas na rúa Sol, Carballo (A Coruña). Obra con referencia de expediente AUG-2023-0044 e clave do proxecto OH.415.1210. Referencia de expediente AUG-2023-0049.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111 (A Coruña).

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñería civil).

4. Código/s NUTS da execución dos servizos: ES111 Carballo (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de demolición de edificación, remodelación de ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol, Carballo (A Coruña), obra con referencia de expediente AUG-2023-0044 e clave do proxecto OH.415.1210. Referencia de expediente: AUG-2023-0049.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 27.271,68 euros. Importe total: 32.998,73 euros.

8. Valor estimado do contrato: 36.517,26 euros.

9. Prazo de execución do contrato: 9 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 20 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (ponderación 17 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 12 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 20 de novembro de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 5.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 30 de novembro de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Consultora de Ingeniería Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.

14.2. NIF: B15952369.

14.3. Enderezo: rúa Bugallal Marchesí, nº 12, 1º dta., 15008 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111 (A Coruña).

14.5. Correo electrónico: administracion@cimarq.es

14.6. Teléfono: 981 90 28 51.

14.7. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 22.861,85 euros. Importe total: 27.662,84 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; Prioridade de investimento 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; Actuación 5.2.1.4 «Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación «Medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI Río Anllóns CO 10-01-04».

A actuación enmárcase dentro do programa Galicia Feder 2021-2027 no obxectivo político 2 «Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible»; Prioridade P2A «Transición verde»; obxectivo específico 2.4 «Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas»; liña de actuación 2.4.01 «Actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións».

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 21 de abril de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 22 de novembro de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 3 de decembro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 4 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia