DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se fai público o financiamento ao 100% do gasto elixible no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, de subvencións convocadas por Augas de Galicia.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024, cómpre facer a oportuna corrección:

• Na páxina 175, onde di:

AU232A - Mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia.

25 de xaneiro de 2023

683.094,07 €

Debe dicir:

AU232A - Mellora do estado das instalacións de tratamento e almacenamento da auga de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia.

25 de xaneiro de 2023

683.094,07 €