DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerceda (expediente DH.A15.94980).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Manuel Bello Iglesias.

DNI: ***2273**.

Expediente: DH.A15.94980.

Volume total anual: 394,05 m3/ano.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: pozo.

Lugar: Sartegos.

Parroquia: Rodís.

Concello: Cerceda.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste nunha captación mediante pozo de tubos de formigón duns 5 m de fondo, na parcela 31 do polígono 42, e na condución mediante tubaxe de PE de 25 mm de diámetro ao longo duns 950 m, pasando polas parcelas nº 35, 41, 42, 43, 45 e por viais públicos, ata a vivenda do solicitante, de referencia catastral 000400200NH37F0001HE, e a parcela 15024A043000480000HU.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), logo de cita no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Centro