DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación no concello de Pontedeva (expediente IN407A 2023/14-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC no apoio núm. AST4H3DC//48, situada no concello de Pontedeva, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 19 de decembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/14-3.

Proxecto: instalación de interruptor TC no apoio núm. AST4H3DC//48.

Concello: Pontedeva.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio nº

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

San Xusto

32065A002003790000ZS

MVMC de San Xusto

Enderezo descoñecido

12.12.2023