DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT CDB803 en Rañas, no concello de Vilanova de Arousa, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/309-4).

A instalación denominada reforma LMT CDB803 en Rañas foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 17 de abril de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 15 de febreiro de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Vilanova de Arousa.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmanse de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 13 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Reforma LMT CDB803 en Rañas

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36061A216000450000FO

Mouriñas

Jaime Castro Abal

1

1,44

2

36061A215101430000FG

Bouza de Rañas

Carmen Romero Martínez

2

1,21

3

36061A215201430000FR

Agro de Rañas

Ángel González Pintos

3

1,44